Blogia
Blog Prader-Willi

Ofrece o primeiro servizo de taxi en vehículo adaptado do Barbanza

Ofrece o primeiro servizo de taxi en vehículo adaptado do Barbanza

A Pobra do Caramiñal, 8 de abril de 2010. Que o transporte de persoas en cadeira de rodas ou con dificultades de mobilidade é un problema no Barbanza saltou hai poucos meses cunha polémica sobre a supresión de ambulancias para determinados servizos sanitarios a estas persoas con capacidade disfuncional. Mais este colectivo non só se ten que desprazar para ir ao hospital: ten unha vida que busca ser o máis semellante á do resto, e para iso precisa de servizos adaptados. Con esta idea naceu O Taxi de Oliveira, un servizo novidoso no Barbanza que puxo en marcha, con base en A Pobra do Caramiñal, José Oliveira Míguez, un mozo de Escarabote.

José Oliveira, un joven emprendedor, está convencido de que "demanda deste servizo, por desgraza xa a hai: outra cousa é que non fagan uso do taxi por descoñecemento do mesmo. Aínda acabo de comezar e non sei se se quedará escaso, pero non estaría de mais que unha boa parte das flotas de servicios públicos estivesen habilitadas e se sociabilizasen máis, pero é entendible que sen axudas non se pode tirar".

Que ocorre cos prezos? Serán máis caros? Oliveira asegura que no: "Son sempre os mesmos para todos e están fixados polo Ministerio de Transporte correspondente".

Podería parecer que un negocio destas características, agora que se subvencionan todo tipo de sectores, conta con axudas públicas, pero José cóntanos que no seu caso non é así: "Non conto con ningunha axuda pública, pero existen polo IMSERSO e o Ministerio en colaboración coa ONCE, o que pasa é que é moi dificil acceder a elas xa que funcionan a través dos Concellos, que teñen que cumprir uns requisitos e adherirse a convenios específicos, ou se non, nada. Hai que loitar para lograr que os concellos se impliquen máis neste grande labor social".

La filosofía de O taxi de Oliveira es ofrecer siempre al cliente un trato familiar, con la máxima seguridad, confidencialidad y comodidad en el viaje, un servicio pensado para todo el mundo, de ámbito local, provincial y nacional.

Enviado por: I. Oliveira

Te quiero enviar un enlace a la web de mi hermano que es taxista, pero taxista de lo mejor jeje. Tiene un vehiculo adaptado, accesible para gente en su propia silla de ruedas o scooter. Si sirve para algo ahí va.... 

0 comentarios